A causa da nevarada anunciada e que paralizou as clases do pasado día 16, decidimos facer ao fín a entrega dos premios de MICRORELATOS DE MEDO 2009 hoxe venres 18 de decembro. Os premios son os que seguen:
GALEGO
PREMIADOS no 1º Ciclo da ESO
1º Premio ao relato de Juan Rosales de 1º ESO B:
O virus NBH2
Sempre me sentín un neno desgraciado. Meus pais nunca me quixeron. Despois de rematar a miña carreira de mediciña traballei moito nun laboratorio onde descubrín o virus NBH2, que resultou de grande utilidade. Un día inxecteille o meu virus ós meus pais nos filetes que ían comer. Eu aquel día tomei peixe. Só duraron media hora. Tamén foi moi eficaz cando o utilicei co meu compañeiro, Eduardo, o moi pailán convidoume a cear na súa casa. Condimentei a súa hamburguesa co meu NBH2. Eduardo aínda era novo e aguantou dúas horas. Esta noite tiña preparado un magnífico solombo para a miña querida Dori, pero algo non marcha ben; ela está a cantaruxar como sempre fai na cociña e eu síntome morrer aquí tirado no corredor.
2º Premio ao relato de Paula González Rodríguez de 2º ESO B:
PREMIADOS no 2º Ciclo da ESO
1º Premio ao relato de María Pastoriza López de 4º ESO B:
"o único que desexo para o meu enterro é non ser enterrado vivo"
Lord Chesterfield
- Benvidos a todos! Sentádevos... xa estamos todos? Logo podemos dar comezo á reunión de hoxe. Lembramos que estamos aquí para compartir as nosas angustias, medos, problemas...hoxe tócache a ti, Adán. Queres Comezar? - dixo o moderador da xuntanza.
-Claro, teño un guión- e buscou sen procurar nos recunchos do seu subconciente a historia, a súa historia- Se falásemos de enfermidades que tememos, todos pensariamos nun cancro, alzheimer ou tal vez un ataque ao corazón... pero ninguén pensaría na catalepsia. Por que? Sinxelo, poucos a coñecen, pero esta noite vós seredes uns privilexiados- colleu aire e proseguiu_ Describireivos os síntomas para que vos familiaricedes con eles: pel morada, cheiro desagradable, pulso imperceptible... Si e o que parece: un vivo disfrazado de morto- ollou o seu público espectante e nervioso. Unha ánima en pena ínstao a continuar:
-Adán , prosiga, polo que máis queira!
-si, vou. Nalgunha tribos americanas a avoa da familia crava unha agulla no pé do morto e se o sangue é de cor violáceo é que padece catalepsia. Noutros lugares máis urbanizados os encargados de incinerar os corpos seguen arrepiándose cos berros dos supostos mortos sen poder facer nada máis que rezar un noso pai. E non vos pensedes que é broma porque pasa unhas 6 veces ao mes- sorri azorado ante as caras de desgusto do público- Os que non teñen a sorte de seren incinerados, son enterrados; que é mellor? Non entraremos en detalles de que clase de preparativos se lle dá a un morto para que pareza máis a un vivo...outro día será. Os mçais agraciados morrerán por asfixia e os que non de inanición e de dor, xa sexa polos ósos rompidos polos seus "decoradores"ou pola terrible angustia de estar encerrados a dous metros baixo terra. Se todo isto vos parece cruel...aínda non rematei- frega as mans con sarna- queda o mellor!. En certos lugares inxéctaselle ao cadaver un máxico composto que lle provoca unha momificación acelerada. Imaxinen que alegres estarían os exipcios se soubesen este pequeno truco!- ri acalorado- Esperen, esperen... antes de marchar un consello que o seu seguro de defunción inclúa un electroencefalograma, proba que descubre se padeces ou non a enfermidade. Eu, non é unha broma, padezo esta doenza e non, nunca me enterraron vivo, polo de agora.
2º Premio ao realto de Fátima Permuy de 3º ESO B:
CASTELÁN
PREMIADOS no 1º Ciclo da ESO aos realatos de:
Marián Rouco Villanueva de 1ºESO A
Carolina Suárez Blanco de 2º ESO A
Alba Amoedo Arias de 2º ESO A
PREMIADOS no 2º ciclo da ESO aos relatos de:
Daniel López Pérez de 3ºESO A
Adrián Docampo Hernández de 3ºESO A
INGLÉS
PREMIADOS no 1º Ciclo da ESO:
PREMIADOS no 2º Ciclo da ESO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario