

Seis ou sete séculos despois.
Denantes ou despois. ¡que máis ten!...
Puido ter sido mil trescentos trinta e seis
Ou mil catrocentos trinta e seis
Tocaban a morto e non o sabían os culpables.
Tódalas campás da cidade tocan a morto dendentón
Foi mil novecentos trinta e seis.
Ogallá endexamais poida ser.
Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
A filla do zapateiro, ou do ferreiro, ou do xastre,
era levada en camisa polas rúas,
Marcadas a fogo tres letras na fronte,
a cabeza enfeitada, escarnecida,
despoxada dos longos rizos loiros.
Berrábanlle as letras da fronte.
Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
Deixaron cair asasinados sobor das gavias
Os homes que soñaron un mundo difrente.
Á beira dos cadavres vivían abraiadas
as lagartixas verdes,
os insectos, as plantas, a terra e a auga.
A eles somente non lles tiñan permitido vivir máis.
Soio eran ceibes a mar e os paxaros.
Luís Seoane ( do poema “ a derradeira imaxe” do libro Na brétema Sant-Iago 1956).
Luis Seoane foi escritor e artista. Fillo de emigrantes galegos nado en Buenos Aires, mais foi a escola na Coruña e a universidade en Santiago.Exercería como avogado até o 1937 para logo ser unha das vítimas da guerra civil como exiliado residindo na Arxentina de novo. Alí comezará un labor intenso como pintor chegando a expoñer en Nova Iorque, pero tamén publicando libros de poemas como Fardel do eisilado ou Na brétema Sant-Iago, ademais de crear a revista Galicia emigrante. Luís Seoane volveu a Galicia no ano 1963 fundando con Isaac Díaz Pardo o Laboratorio de Formas de Galicia. morrendo no ano 1979.
Son moitas as formas de sufrir as consecuencias da guerra. Para el o sentimento da guerra está intimamente ligado ao exilio. É por iso que Seoane editará o seu primeiro libro de poemas con este motivo no ano 1952. O seu xeito de loitar pola paz e expresar o seu amor pola terra e os homes que lle arrebataron, unha loita por estar xunto os que coma el eran vitimas vivas obrigadas a vivir lonxe de Galicia.
Aquí poderás coñecer parte da súa creación plástica
Ningún comentario:
Publicar un comentario