xoves, 21 de maio de 2009

VISITA DE FRAN ALONSO

















Fran Alonso estará connosco o luns 25 para poetizarmos. Despois de traballar coa antoloxía realizada por este autor multifacático (xornalista, poeta , prosista e editor...) imos realizar un esperado encontro con el e a poesía como pretexto.
Poetízate é un libro de poetas e poetisas galegos dende Rosalía atá hoxe, pero faltan nesta selección poemas do propio Fran Alonso. Imos deixar aquí na rede algúns dos seus versos para ir achegándonos ao seu modo de ver o mundo, ao seu xeito de entender a poesía, outro dos temas que seguro sairá na charla que teremos. se queredes saber máis sobre Fran Alonso podedes consultar: cabrafanada.

Comezamos coas dúas caras que presenta no libro Tortillas para os obreiros, un desgarrador poemario posta na voz dunha nai e dun enfermo terminal, fillo seu, unha historia contada entre Vigo e Cangas:

Ás veces poalla sobre o mar
como poallan os anos sobre nós.
E a vida abanéanos ó seu antollo
coma as ondas a este barco.
Hoxe a auga está gris merda,
de horizonte,
debuxando o noso caderno de bitácora.
Os fillos naceron cubertos de lama.

...
Amolecen enfermod nos corredores de lume
e algo visguento penetra
de`podre hipodermia
quecendo.
Procede da ría como un cheiro
a sardiña
e as voces do embalo.
E o estómago inzado de néboa.
E os ollos cuspidos de sangue.


Outro fermoso poemario de Fran Alonso, Persianas, pedramol e outros nervios, camiña entre o amor e o desamor da rutina dunha parella:

Non hai máis butano, amor.
Haberemos de ducharnos apagados,
afogados no corpo das augas que nacen en nós.
Ti precisas deterxente.
Eu, un xel de rosas e camelias.
Cando remate, amor, celebraremos
anosa hixiene de cosméticos.
Mentres dure.


...

Comunicabas, cando eu che falaba
dos mil teléfonos que ten a vida.
Intermitentemente, comunicabas
e,ás veces, non contestabas.
Non recoñecías o sinal.
E cando te chamaba, de cuarto a cuarto,
de leito a leito, de saba a saba,
ou de boca a boca, comunicabas,
intermitentes, estraños sons
de mudez e ausencia.

Ningún comentario: