xoves, 21 de maio de 2009

A MESA CAMILLA DE RAMÓN PIÑEIRO NA BIBLIOTECA


Unha mesa camilla semellante á de Ramón Piñeirofoi instalada na bilioteca de secundaria con varias obras do autor sobre a saudade,, invitando aos nosos visitantes a indagar sobre esta palabra e sobre as respostas que nos dá Piñeiro en textos como a entrada da Gran Enciclopedia Galega ou libros seus como "Filosofía da Saudade", tamén deixamos para os que non teñan tempo de vagar algúns poemas que nos levan ao mar da saudade como o que segue:


As veces entro en min
por ver se atopo aquilo meu que eu son
e sempre vexo que non dou comigo e
que son eu quen se me vai das mans.
E sempre volvo a procurarme a min
e nunca vou parar alí onde eu son
aquilo que é máis meu
que debo ser eu…

As veces penso que xa estou comigo,
case que no meu eido,
e despois vexo que aínda falta máis,
máis alá, un pouco máis…
Eu vou metido en min
coma quen garda o único que ten
e esguizo os velos que non deixan ver
o eido onde eu atobo e onde eu son.
Quén dera estar tan só
que un xa non fora máis que aquilo que é;
quén dera estar así
e ser aquilo que non son aínda…!
A min deixádeme así: perdido en min.
Esquecido,
sen eido,
sen ninguén!
X.L. Franco Grande:

Ningún comentario: