mércores, 1 de abril de 2009

REmata a Campaña 1 mes de AMOR


Mañá venres entregaremos as cartas de amor anónimas que recibimos no buzón da Biblioteca. Están escritas en Galego, Castelán, Inglés e Francés, moitas delas acompañadas de textos literarios seleccionados polos propios participantes (poemas, citas, reflexións sobre o amor...) de autores consagrados da literatura universal.
As cartas que reciban os propios participantes foron escritan con ese carácter anónimo coa finalidade de que foran entregadas coma unha mensaxe de amor no que a faceta sentimental e íntima fose esencial e, á vez, tivese esa propiedade de seren unha carta aberta, sen un destinatari@ concreto. Reproducimos a continuación un anaco dunha das cartas:

Marín 11-03-09

Ola cariño:
É mércores pola mañá e non son capaz de parar de pensar en ti. Cada pouco póñome a recordar todos os momentos que pasanbamos xuntos, nos que todo daba o mesmo, nos que o único importante eramos nós. eses intres nos que pensabamos "quero que o tempo de deteña, e nós, sigamos aquí, os dous xuntos gozando da vida..." Lembro todas as palabras que nos dixemos esa tarde, todos os lugares que os dous, collidos da man recorremos... Esa tarde foi o mellor día da miña vida. Agora o que máis desexo é que se volva a repetir. espero que se repitaoutro día coma ese para poder demostrache o que eu sinto por ti, todo o que te quero; o que máis anhelo é ocupar un lugar no teu corazón. Vou arriscarme, farei o que faga falla para estar contigo. Vou estar ao teu carón sempre!
Volve quedar comigo e o teu amor será o motivo dunha celebración moi especial. Quérote moito, cariño. Un bico.

Ningún comentario: