Unha chea de alumn@s desfilou literalmente pola Biblioteca o último día de clase, antes das merecidas vacacións de Semana Santa. Alí estaban rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato, pero tamén de 1º e 2º da ESO ( case ao completo), non faltaron tampouco un nutrido grupo de alumn@s 3º e 4º. Cada un dos que escribira ao longo deste mes unha carta anónima, xa fose en galego ou en inglés, mesmo en francés como en castelán, esperaba agora recibir unha carta a modo de resposta. A expectación estaba servida e as cartas chgaron finalmente ás súas mans e foron lidas coa mesma ansiedade que coa que foran a recollelas. Unha bonita xornada de versos, palabras e desexos cariñosos, de supostos amantes que quen sabe se tal vez nalgún dos casos resultou ser un amor verdadeiro. Iso tócalle descubrilo coa intimidade como aliada a cada quen. Boa sorte, seguide lendo palabras de amor e felices vacacións!!
mércores, 8 de abril de 2009
E AS CARTAS CHEGARON ÁS SÚAS MANS

Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario