
Considerado o Pai das Letras Galegas, hai 314 anos nacía en Vilafranca do Bierzo, Martín Sarmiento. O seu nome realmente era Pedro Xosé García Balboa Gosende Sarmiento. A súa infancia pasouna en Pontevedra onde seu pai desprazouse coa familia sendo el moi pequeno para traballar. Aos quince anos ingresa na orde de San Bieito e comeza así os seus estudos, sendo un motivo de especial atención dende o primeiro momento a lingua, dadas entre outras cousas as lóxicas desviacións dun rapaz galego falante dende o berce e derivadas do seu acento e do uso que facía do castelán o que provocaba as burlas dos compañeiros e que lle serviu de estímulo para seren un poliglota e coñecedor profundo das linguas, un verdadeiro fundador dos estudos de filoloxía, non só a galega, tamén a hispánica.
Estes estudos leváronno aos Arquivos de Toledo onde vai realizar magníficos traballos sobre a literatura española ademais de descubrir e poñer ensalzar o libro de Afonso X o sabio, As cantigas de Sta. María, escritas en galego-portugués o que vai a provocar de novo un revulsivo nos traballos sobre a lingua materna de Sarmiento. Así nas súas viaxes a Galicia realizados en 1725 e 1745 veremos como fai acopio de léxico e lectura de gran cantidade de documentación medieval para asegugar finalmente que o galego é un idoma que non é nacido do castelén, seón do Latín, logo que non era dialecto deste senón irmán.
O seus vastos coñecementos déronlle tamén sona de erudito e o traballo conxunto con Feixoo, elevouno á categoría de ilustrado e sabio, polo que foi un conselleiro eficiente de ministros e reis na corte madrileña, pois el redisiu 50 anos da úa viada nunha cela do convento dos bieitos de San Martín, ao que debe o seu nome eclesiástico.
Está considerado como unha das figuras máis importantes do pensamento e a Ilustración europea do século XVIII, pois na súa vida e da súa obra ( en gran parte inédita aínda) fixo gala dun lema "aude sapere!" que podemos traducir como : atrévete a saber!
Ningún comentario:
Publicar un comentario