
É una campaña da biblioteca que consiste en poñer en marcha un pequeno revulsivo a través da temática amorosa para achegar a dinámica das aulas e os alumn@s á biblioteca consiste en que cada departamento de lingua invite a usar libros e textos de propia biblioteca para que cada alumn@ atope e remita ao profesor quen dará o visto bo as propostas para seren logo remitidas á biblioteca de secundaria. Os alumn@s deberán realizar:
-Unha cita en verso ou en prosa sobre o amor para entregar a un compañeiro a cegas, é dicir, sen saber a quen vai ir dirixida.
-Unha carta anónima de amor dirixida a un compañeiro ou compañeira que nin el/ela nin ti saberás quen é.
Unha vez na biblioteca, aleatoriamente serán entregadas aos alumn@s que alí sexan remitidos. O obxectivo é que todos os estudantes do San Narciso da ESO e Bacharelato reciban unha invitación a amara a través das palabras dos seus compañeiros/as, esa invitación propiciará sen dúbida unha aproximación a literatura e a propia creación, e combatirá a violencia tan presente nas relacións mesmo entre compañeiros.
A última cuestión será pensando no peche da campaña un gran concurso para seleccionar en varios idiomas: inglés, latín, grego, castelán, francés, portugués e galego as mellores cancións de amor a través das propostas de profesor@s e alumn@s do centro. Propostas que irán chegando ao buzón de suxerencias da biblioteca e que iremos colgando no blog ( sempre que sexa posible) para ir podendo escoitar e logo finalmente votar por elas. Os resultados das votacións serán expostos nun acto ao final da campaña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario