Onte 24 de outubro realizamos un acto especial para celebrar na Biblioteca de Secundaria o Día das Bibliotecas.
Foi unha lectura colectiva á que convocamos á hora do recreo. O texto titulado MALOS S.A. de Adrián Villot, alumno de 3º da Eso foi lido polo propio autor e varios compañeir@s ante un numeroso grupo de asistentes, profesores e alumn@s que preferiron alimentarse deste bocata de palabras a pesar de que a mañá invitaba máis a xogar ao balón ou a pasear á intemperie. Risos e aplausos pracenteiros foron os parabéns acadados pola iniciativa e o interpretación do texto.
En breve, despois de certos retoques do autor, o texto será publicado neste blog. Trata dunha Sociedade de Malvados e inxenuos criminais. Unha parodia breve, divertida e ocorrente dos filmes de mafiosos ou das novelas negras. Sangue que non chega ao río e non vai cara ningures.
Ningún comentario:
Publicar un comentario