A biblioteca é como un grande frigorífico ou, mellor aínda, como un grande supermercado das palabras, cheo de andeis de variados gustos, de ditos e frases que botan por fóra e de arrecendo de aventuras e desgrazas da máis diversa condición. O mellor de todo é que este supermercado de palabras e letras, de idiomas e culturas, ten sempre o alimento preciso que necesitamos para medrar como persoas, ante as vicisitudes da vida, ante as problemáticas máis diversas. Sempre ten alí aquel produto que esperabamos atopar, tan só temos que percorrer con degoiro os seus corredores e logo atoparemos o que estabamos procurando.
O alimento das palabras ou a palabra como alimento é o título da primeira campaña que o CLUB de DINAMIZACIÓN da nosa Biblioteca acaba de por en marcha, un primeiro acordo para unha das necesidades vitais que todos temos, cada recreo, unha froita apetitosa ou un bocata reconfortante de palabras estanos agardando na biblioteca.Rematamos coas palabras de Teresa de Ávila, que equiparando as palabras co alimento necesario para medrar, deixou escrito:“ nacín muda, como todos nacín peixe, era infante, sen palabras, e miña nai morreu sendo eu un bebé, pero tiven a sorte de ter un ama de cría que ademais de leite enchía a miña boca de palabras e iso fíxome sentir menos soa…”
Ningún comentario:
Publicar un comentario