mércores, 22 de outubro de 2008

ACTIVIDADES DA EXPOSICIÓN XORNAIS E ALFABETOS DO MUNDO


Recomendamos que fagades a visita á Exposición "XORNAIS E ALFABETOS DO MUNDO" en grupos pequenos de tal xeito que se vides unha clase dividades a mesma polo menos en dous grupos. O primeiro deses grupos abordará as 5 primeiras cuestións que planteamos a continuación e o outro grupo dedicaráse a respostar da nº6 en diante.

As cuestións que vos propoñemos resolver nesta visita son:


1- Explica o significado das seguintes palabas, pasos previos ao invento do alfabeto:


-PICTOGRAMA:

-XEROGLÍFICO:

-ALFABETO:


Cal cres que é impsible de ler e só se pode interpretar?


2- Que pobo se considera que escribiu a primeira literatura do mundo? Como se chama este tipo de escritura? Por que?


3-De que alfabeto proceden os alfabetos usados hoxe en Europa? Localiza un exemplar dun xornal escrito nesa lingua. Logo escolle unha grafía que recoñezas. Cal é o seu valor e en que materias académicas se utiliza?


4- Na Península Ibérica fálase unha lingua que non ten orixe indoeuropea, xa se falaba antes da chegada a aquí dos romanos. Cal é? Localiza a continuación un xornal nesa lingua. Fíxate nas palabras que entendas e analiza cal é a causa.


5- Como se chaman as linguas derivadas do latín? Escolle tres palabras ou expresións que procedan destas linguas nos xornais de distintos países que as utilicen e procura a súa tradución.


6- En que sentido debes abrir (ou ler) un xornal árabe ou xáponés?


7- Cantas letras debe aprender a debuxar un habitante da China? E cantas aprendes ti?


8- Cal é a orixe da palabra e do signo @ ( arroba)? Cando se utilizou por vez primeira? De que tamaño era o computador no que se escribiu?


9- Cal é o idioma más falado do mundo? Cantos millóns cres que hai de falantes lusófonos( é dicir dos idiomas irmáns galego-portugueses)? Localiza un diario brasileiro e comproba se é doado ou non de entender o contido dalgunha das súas noticias.


10-Que foi o que máis te chamou a atención ou o que máis che gustou da Exposición?

Ningún comentario: