luns, 1 de novembro de 2021

CONCURSO DE MEDO curso 21.


 CONCURSO SEI SAN NARCISO DE MEDO

     (Organizan: Departamentos de Linguas, Plástica, ENDL e Biblioteca de Secundaria)

Como en cursos pasados tentamos realizar unha promoción tanto do uso da biblioteca como do CONCURSO de creación "DE MEDO" que habitualmente convocamos con motivo do Mes de Defuntos.

 

BASES DO CONCURSO:

As bases do Concurso de Microrrelatos, Curtas e Banda deseñada son as seguintes:

- PREMISA:  Terán como lema e motivo inicial "DÁME MEDO" aínda que o título (de o haber) debe ser outro.

- LINGUAS: Como vén sendo habitual, os textos poden ser redactados en calquera das linguas usadas no centro: galego, castelán, inglés e francés. De presentar varios textos ou bandas deben ser distintos, non son válidas as simples traducións e tamén cada lingua terá os seus propios premios.

 

CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS, AS CURTAS E AS BANDAS DESEÑADAS:

Nos traballos  figurará o título e un pseudónimo pero non o nome do autor

OS TEXTOS: Xa sabedes os textos non poden ter máis de 25 liñas e xirarán ao redor do tema citado. Os textos deben estar escritos a ordenador A coherencia textual e corrección ortográfica son esenciais á hora de poder ser premiados.

AS CURTAS DE MEDO: Non deben ter unha duración maior de 3 minutos.

AS BANDAS DESEÑADAS: Non poden ser de máis de 20 viñetas.

 O PRAZO:

Os textos serán entregados a:

1º A

1º B

2º A

2º B

3º A

3º B

4º A

4º B

1 BAC

Flor

Cristina Abad

Manuel

Teresa

Sofía

María

Manuel

Cristina

María José

 

Data límite: martes 30 de novembro.

 

 O XURADO POPULAR

A escolla de premios realizarase a través dun sistema de votación por parte de  alumnos/as de distintos cursos e niveis quen tras ler os textos, visualizar as curtas e as bandas presentados votarán  aos que máis lles gusten de cada categoría. Este proceso estará supervisado polos profesores de cada departamento participante que se encargarán de facer unha selección previa dos mellores relatos.

 

 A ENTREGA

A entrega de premios levarase a cabo tendo en conta os protocolos a causa da COVID-19  unha vez rematado este mes de defuntos.

 OS PREMIOS

Serán de medo!      

Ningún comentario: