domingo, 27 de xuño de 2021

Da visita ao Colexio do Presidente da Real Academia Galega


 Pasaron polo San Narciso con motivo da Homenaxe a D. Elixo Rivas Quintas varias personalidades o pasado día 21 de xuño para coñecer de primeira man a iniciativa que realizamos este curso 20/21 sobre a recuperación dos topónimos de Marín, a súa integración no día a día nas aulas e a invitación a incorporaarse ao reto de xeolocalizar os nosos miles de nomes de lugar a través da plataforma Galicia Nomeada.

Esta iniciativa fixo que aínda que non puidemos contar coa presenza de D. Elixio tiveramos de seu unhas palabras gravadas para este acto no que puxemos en marcha a última das propostas a de procurar integrar ao conxunto de veciños e veciñas de Marín, despois de facelo con todas as familias do noso centro, nesta aventura de desenterrar o tesouro da toponimia. Foi por iso que tanto Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, como Presidente da Academia Galega, Victor F. Freixanes, como a mesma alcaldesa do concello María Ramallo e  Vicente Feixóo, responsable de Galicia Nomeada, entre outras persoas estiveron presentes no acto que o Colexio. 

Este evento comezou coa proxección dun vídeo que serviu de presnetación do proxecto, á vez de resumo do que se estivo a facer durante o curso. Neste audiovisual aparece nunha das entrevistas a familias do centro a avoa de Brais e de Antía, Carme de Mogor amosándonos a Eira dos Mouros. E ese foi o elemento que provocou a posteriori un artigo en prensa, asinado por Victor Freixanes, que hoxe traemos aquí e que escollemos para este blog ada biblioteca, como complemento a todo o que xa fomos publicando nos distintos blogs da páxina do SEI San Narciso.  

DINAMITA DEBAIXO DAS PEDRAS

Ningún comentario: