mércores, 17 de marzo de 2021

ENCONTRO COA AUTORA: LARA DOPAZO RUIBAL

 



por ser muller e autora ... e por apartarse algún tabto ...das vulgares preocupacións 
coas que se pretende manchar o meu país
   Rosalía de Castro (Dedicatoria de Cantares Gallegos)

O obxectivo co que programamos este encontro é realizar, a partir duns textos propostos pola mesma Lara Dopazo, unha reflexión práctica sobre a Literatura galega no momento actual baixo a mirada atenta e distinta dunha muller e autora. Emulando as palabras de Rosalía na súa coñecida dedicatoria a Fernán Caballero, quixeramos actualizar a visión dos nosos alumnos/as sobre a literatura de noso. Será un encontro que parta como un club de lectura ao uso dun tríptico de composicións, un poema poderoso e dous relatos, un marabilloso e conmovedor e outro intrigante e fluído:

OS LOBOS NA CASA DE ESAÚ.
AXOLOTE
CHISPA

Da lectura dos textos os alumnos e alumnas participantes do encontro deberán procurar elementos que faciliten un diálogo suxestivo coa escritora marinense. Esa proximidade cos e coas lectoras que aporta o feito de compartir territorio habitual e costa natal cremos que contribúe  como un atractivo máis á hora de indagar nesta dimensión tan persoal que acompaña a unha poeta, pero á vez tan necesitada de público lector, de oídos e comentarios que lle dean vigor e fortaleza ás súas palabras.

Sen dúbida, Lara Dopazo sorprenderá e provocará fondas mareas nas mentes xa de por si inquedas e abertas dos nosos alumnos/as. Deixamos a seguir un audiovisual de presentación do libro co que gañou o Premio ILLA NOVA de Narrativa:


 

Ningún comentario: