Con motivo da celebración do 184 aniversario do naemento de Rosalí ade Castro en Santiago de Compostela o noso centro súmase á celebración do Día de Rosalía con varias actividades en Primaria e Secundaria. Inclúen a instalación na Biblioteca do noso centro para visitas reguladas baixo os protocolos establecidos de desinfección do espazo e de paso polo local de grupos restrinxidos da Exposición : Rosalía e O Carril.
Os contdos da mesma xiran arredor dos últimos día sda vida da autora nos qu epasou a súa derradeira estancia na vila mariñeira da Comarca de Arousa. Era un lugar turístico no que Rosalía pasara tempadas de descanso e lecer en distintos momentos da súa vida na compaña da súa familia. Segundo se conta as derradeiras palabras da escritora antes de pechar os ollos para sempre foron: " Abride a ventá que quero ver o mar!", pois ben este mar éra o mar da Arousa, o do Carril. Contén ademais unha panorámica sobre a vida e a obra deténdose en aspectos como a relación da poeta co mar e co Carril en particular, detallando lugares e situacións que viviu Rosalía nesta fermosa localidade costeira. Cedéronnos esta exposición os seus promotores: a Asociación amigos do Carril, a Fundación Rosalía de Castro de Padrón e o Concello de Vilagarcía de Arousa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario