domingo, 18 de febreiro de 2018

ENCONTROS DA BIBLIOTECA SAN NARCISO COA AUTORA : NATALIA CAROU


O próximo mércores estará no San Narciso a autora Natalia Carou Figueira, autora dunha das obras que este ano compiten nos Premios Sarmiento titulada "A cova da Moura". 

Como seguro sabedes o noso centro adoita participar neste premio que anualmente convoca  Escolas Católicas de Galicia  e que son premios que outorgan  nunha votación os lectores dos libros propostos pola comisión organizadora do evento.

Os alumnos/as de 1º e 2º da ESO esperan ansiosos a presenza da autora para contrastar con ela as súas impresións tras da lectura da novela.

Ningún comentario: