Como en cursos pasados imos comezar as campañas de animación da Biblioteca de Secundaria coas Proxeccións DE MEDO coas que tentamos realizar unha promoción tanto do uso da biblioteca como dos CONCURSO de creación "DE MEDO" que habitualmente convocamos con motivo do Mes de Defuntos.
BASES DO CONCURSO:
As bases do Concurso de Minirelatos, Curtas e Banda deseñada son as seguintes:
- PREMISA: Terán como lema e motivo inicial "DÁME MEDO" aínda que o título (de o haber) debe ser outro.
LINGUAS: Como vén sendo habitual, os textos poden ser redactados en calquera das linguas usadas no centro: Galego, castelán, inglés e francés. De presentar varios textos ou bandas deben en cada lingua ser distintos, non son válidas as simples traducións e tamén cada lingua terá os seus propios premios.
CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS, AS CURTAS E AS BANDAS DESEÑADAS:
OS TEXTOS: Xa sabedes os textos non poden ter máis de 25 liñas e xirarán ao redor do tema citado. A coherencia textual e corrección ortográfica son esenciais á hora de poder ser premiado.
AS CURTAS DE MEDO: Non deben ter unha duración maior de 3 minutos.
AS CURTAS DE MEDO: Non deben ter unha duración maior de 3 minutos.
AS BANDAS DESEÑADAS: Non poden ser de máis de 20 viñetas.
O PRAZO: Os textos serán entregados ben na biblioteca, ben ao profesor da materia da lingua na que se concurse, ata o día 27 de novembro.
O XURADO POPULAR
A escolla de premios realizarase a través dun sistema de votación por parte dos lectores que queiran participar como xurado e tras ler os textos, visualizar as curtas e as bandas presentados vaian votando aos que máis lles guste de cada categoría. Este proceso estará supervisado polos profesores de cada departamento participante.
A ENTREGA
A entrega de premios se realizará nun recreo na propia Biblioteca unha vez rematado este mes de defuntos.
OS PREMIOS
Serán de medo!
Moito ánimo, ánimas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario