luns, 2 de novembro de 2015

CONCURSO DE CREACIÓNS DE MEDO 2015


Ao longo do mes de Defuntos como todo os cursos dende hai xa unha chea deles e coa intención de animar ás animas a participar comezaremos coa proxección da xa tradicional Mostra de curtametraxes DE MEDO.



CREANDO MEDO  é o lema deste ano para o Concurso de microrrelatos de Medo que ademais virá acompañada da xa exitosa  Mostra de PROXECCIÓNS DE MEDO que cumpre xa catro anos e cuxa programación estase ultimando.

Colaboran nesta iniciativa os distintos Departamentos de linguas, o EDLG e o de Plástica e visual.


As bases do Concurso de Microrrelatos e Banda deseñada son as seguintes:

- PREMISA:  Terán como lema e motivo inicial "CREANDO MEDO" aínda que o título (de o haber) debe ser outro.

LINGUAS: Como vén sendo habitual, os textos poden ser redactados en calquera das linguas usadas no centro: Galego, castelán, inglés e francés. De presentar varios textos ou bandas deben en cada lingua ser distintos, non son válidas as simples traducións e tamén cada lingua terá os seus propios premios.

CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS E AS BANDAS DESEÑADAS:

OS TEXTOS: Xa sabedes os textos non poden ter máis de 25 liñas e xirarán ao redor do tema citado. A coherencia textual e corrección ortográfica son esenciais á hora de poder ser premiado.

AS BANDAS DESEÑADAS: Non poden ser de máis de 20 viñetas.

 O PRAZO: Os textos serán entregados ben na biblioteca, ben ao profesor da materia da lingua na que se concurse, antes do día 20 de novembro.

 O XURADO POPULAR
A escolla de premios realizarase a través dun sistema de votación por parte dos lectores que queiran participar como xurado e tras ler os textos e bandas presentados vaian votando aos que máis lles guste de cada categoría. Este proceso estará supervisado polos profesores de cada departamento participante.

 A ENTREGA
A entrega de premios se realizará nun recreo na propia Biblioteca unha vez rematado este mes de defuntos.

 OS PREMIOS
Serán de medo!


Moito ánimo, ánimas!

Ningún comentario: