sábado, 10 de outubro de 2015

COMEZANDO O CURSO

NO PRINCIPIO FOI A PALABRA...


É
un lema que quere facerse eco do 
comezo bíblico tirado do libro máis editado do mundo que fai referencia á creación. A creatividade vai ser o fío condutor das nosas actividades no presente curso, de aí a cita, de aí o lema. Mais o lema escollido fai fincapé na importancia da palabra como chave do mundo e como recuso fundamental para velo diverso, posto que o ser humano en esencia é distinto, plural, diferente.

A palabra será a base da reflexión, do pensamento e da interpretación do noso entorno, a ferramenta de comunicación por excelencia. Será ademais, cando o home a coverte en palabra escrita, un "fármaco da memoria" desa memoria fraca do ser humano e tamén, como non, serán as verbas os alicerces dos soños. E se a historia é a metáfora da realidade, a literatura é a mellor metáfora dos nosos soños. Que sería da humanidade sen esa capacidade soñar para crear, para facer posible un mundo distinto, un mundo mellor?

Ningún comentario: