Xosé Tomás estivo con nós na Bibloteca. É un dos máis prestixiosos deseñadores e creadores de banda deseñada de Galicia, ademais dun vello coñecido do noso Director, o que facilitou a súa presenza entre nós para inaugurar esta Semana das LETRAS GALEGAS. Veu para realizar un miniobradoiro sobre o mal chamado cómic, para compartir con nós un dos seus últimos traballos en banda deseñada:
NÓMADES, unha impresionante reflexión en imaxes e palabras onde o sentido crítico é todo sensibilidade e tenrura cara aos seres humanos que por algunha razón teñen que emigrar. Explicounos o proceso laborioso de case tres anos que hai detrás desta produción. Deixounos como agasallo para a biblioteca outro dos seus títulos:
TOLOS.
Grazas por compartir con nós esta experiencia tan enriquecedora e creativa.
A seguir deixamos unha pequena reportaxe fotográfica do seu paso polas aulas de 1º e de 2º da ESO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario