xoves, 23 de abril de 2015

Día do Libro un ano máis

En Galicia o Día do Libro se cadra hoxe dilúese nunha especie de festividade literaria que dá comezo en abril e chega ata o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Pero é unha data que ten de todos os xeitos as súas fortalezas e as súas debilidades.  O mundo literario galego vólcase máis, como é natural, no 17 que sen ser un San Jordi catalán, un pobo con máis conciencia nacional, vai camiño de todos os xeitos a converterse nunha cousa semellante, dende logo o potencial existe ( a pesares de que a Academia non sempre acerte cunha elección unánime á hora de escoller ao homenaxeado). En todo caso o nacemento de Cervantes na nosa terra ten unha boa acollida e o sector do libro e  editorial que non pasa polo seu mellor momento, todo sexa dito de paso, celebra estas datas e as feiras do libro enchen as prazas das principais cidades da comunidade.

Hoxe en Alcalá recibiu o Premio Cervantes o autor Juan Goitisolo merecente do galardón e que apesadumbrado co ritual da ortodoxia académica, cumpriu con el contradicindo en algo o seu propio parecer, iso si, dende a altura da sabia idade e un sentido crítico admirables. Lástima que non se retrasmitan na mellor franxa horaria ésta e outras intervencións intelixentes e vivas dos homes de Letras que tanto poden dicirmos e que  como o Frederick do conto tanto poden aliviar os malos tempos que corren. As Letras dos Libros celebradas para que non soen ocas deben manter esa conexión precisa coa realidade do día a día que inunda de atrocidades e infamias viles as nosas existencias, lonxe da descansada vida del que huye de la tremenda cotidianeidade cruel.

Escoitemos logo as súas verbas:

No paraninfo do colexio está tamén exposta a Exposición que sobre  El Quijote organiza o Depatrtamento de Lingua Castelá e Literatura.
   

Ningún comentario: