martes, 4 de novembro de 2014

CONCURSO DE MEDO 2014


 MOMENTOS CRÍTICOS é o lema deste ano para o Concurso de microrrelatos de Medo que ademais virá acompañada da xa exitosa  mostra de PROXECCIÓNS DE MEDO que cumpre xa tres anos e cuxa programación que se está ultimando, será colgada proximamente no blog.

Colaboran nesta iniciativa os distintos Departamentos de Linguas, o EDLG e o de Plástica e visual.


As bases do Concurso de Microrrelatos son as seguintes:

- PREMISA:  Terán como lema e motivo inicial "MOMENTOS CRÍTICOS" aínda que o título (de o haber) debe ser outro.

LINGUAS: Como vén sendo habitual, os textos poden ser redactados en calquera das linguas usadas no centro: Galego, castelán, inglés e francés. De presentar varios textos deben en cada lingua ser distintos textos, non son válidas as simples traduicións e tamén cada lingua terá os seus propios premios.

CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS: Xa sabedes os textos non poden ter máis de 25 liñas e xirarán ao redor do tema citado. A coherencia textual e corrección ortográfica son esenciais á hora de poder ser premiado.

PRAZO: Os textos serán entregados ben na biblioteca, ben ao profesor da materia da lingua na que se concurse, antes do día 17 de novembro.
A escolla de premiso realizarase por vez primeira a través dun sistema de votación por parte dos lectores que queiran participar como xurado e tras ler os textos presentados  vaian votando aos que máis lles guste de cada categoría. Este proceso estrá supervisado polos profesores de cada departamento participante.
A entrega de premios se realizará nun recreo na propia Biblioteca unha vez rematado este mes de defuntos.


Moito ánimo, ánimas!

Ningún comentario: