A Exposición esta deseñada para realizar unha serie de actividades cos alumnos/as para o que vén acompañada dunha especie de unidade didáctica ou caderno de propostas que, como tradicionalmente facemos, fomos realizando curso a curso ao longo desta semana pasada fundamentalmente. Para dita actividade os alumnso/as desprázanse a Biblioteca onde esta instalada a Exposición e distribuídos por grupos de traballos de dúas ou tres persoas, van abordando unha serie de cuestións que logo poñen en común cos seus compañeiros/as. Trátase dunha actividade ben completa na que hai traballo persoal e en grupo, lectura, comprensión lectora, escrita e finalmente un breve exercicio de expresión oral. Colocamos algunhas fotografías da experiencia realizada cos grupos de 1º da ESO B e 1º de Bacharelato.
Ademais esta Exposición e as propostas didácticas poden ser consultadas a través da rede no seguinte enlace: Letras Galegas 2014 da SXPL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario