.jpg)
O escritor e profesor de galego do San Narciso Adolfo Caamaño vén de recibir o Premio Manuel Murguía de Narrativa Breve 2014 cunha obra titulada
"A gueisha nun bosque de bambú" . Trátase da vixésima terceira edición dun premio recoñecido e prestixioso no ámbito das Letras Galegas. Como ben sabedes o noso autor ten editado xa varias novelas (
Soberano, O
paxaro do mel, Cris Canalla) ademais dun poemario. Sabemos que está ultimando unha nova novela que esperamos vexa a luz proximamente. Os responsables da Biblioteca estamos realizando as xestións pertinentes para que o escritor galardoado faga unha lectura comentada do relato gañador nunha sesión especial antes de rematar o presente curso e da que informaremos cumpridamente. Namentres quen queira e non coñeza a súa obra pode achegarse aos nosos fondos entre os que temos varios exemplares dos títulos deste autor que cía a día comparte con nós esa tarefa tan estimulante de ensinar e apender.
Ningún comentario:
Publicar un comentario