O sentido da vida, o condicionamento da morte voaron nas mentes dos presentes nesta terceira sesión do Club de Lectura. O día anterior todos os apuntados recibiran unha curiosa misiva nas súas aulas pouco antes de rematar as clases: Era unha carta anónima que lles lembraba que ao día seguinte no recreo ía pasar...
E así foi démoslle voltas ao relato de Docampo, que foi para moitos dos presentes o mellor dos catro do seu laureado libro Cando petan na porta pola noite. Volvemos a falar de como a lectura dun texto convértese en algo persoal. Percatámonos do asunto cando falamos da interpretación do final do relato e como ía variando de lector a lector, a literatura mensaxe plurisignificativa que cada quen persoaliza e interioriza de xeito distinto, cada quen fai un exercicio de autoreflexión cada vez que colle un libro, examínase a si mesmo sen apenas percibilo.
O próximo relato será despois do Entroido, Un ollo de vidro, de Castelao espéranos para volvermos a sentir como esaoutra mirada é posible. Bo Entroido!
Ningún comentario:
Publicar un comentario