martes, 17 de decembro de 2013

UNHA NOVA ACADÉMICA

Fina Casalderrey.
A escritora Fina Casalderrey vén de ingresar oficilamente na Real Academia Galega tras dunha traxectoria na Literatura galega impecable. Ademais de unha mestra de vocación, é unha autora moi recoñecida especialmente pola súa obra no que se demonina literatura infantil e xuvenil, unha etiqueta da que non renega, senón que reafirma a súa convicción de que é unha literatura para todas as idades, esa que se deu en chamar infantil. No acto que se levou a  cabo no teatro Principal de Pontevedra leu un discurso de ingreso que recibiu moi boas críticas, así como o de resposta a cargo doutra académica e amiga, Rosario Álvarez. Estes textos de ambos discursos xa están publicados na rede na páxina oficial da RAG onde se poden consultar.

Fina unha escritora que ten visitado o noso centro en distintas ocasións .e una autora moi coñecida entre a nosa Comunidade Educativa e moi querida en todo Marín, concello en que impartiu clase. Parabéns Fina.

Ningún comentario: