luns, 25 de novembro de 2013

A tesoira da violencia corta a flor da sensibilidade

Unha xornada creativa fronte a violencia de xénero na biblioteca de Secundaria. As mulleres protagonistas, un grupo de rapazas da ESO, unhas pensando nun lema outras debuxando e outras pintando celebraron deste  modo na Biblioteca este día.  Traballamos con dous conceptos, démoslle o protagonismo a idea que sustenta o lema do curso, a esoutra mirada, é dicir, a sensibilidade, e pola contra a violencia como antagonista nesta historia terrible do uso da forza e das agresións ata a mesma morte das vítimas. Esa inocencia, debilidade e fermosura que pode ser metaforicamente unha flor. Esa foi a trama Aroa deulle corpo, Raquel andaba na procura da rima Silvia botábanos un cabo, tamén Yaiza, Nerea e Nuria co lápis na man púxéronse a escribir, logo chegarían Alba e Úrsula a pintar e finalmente a pancarta para a entrada estaba feita. Colgamos algunha foto do resultado.





Ningún comentario: