Como todos os anos vén sendo habitual convocamos dende a Biblioteca de Secundaria neste mes de Defuntos o CONCURSO DE MICRORELATOS "DE MEDO". Esta iniciativa que persegue atoparmos na biblioteca para compartir unha serie de lecturas de textos orixinais dos alumnos/as de Secundaria co atemática do misterio e o medo en diversas linguas ( galego, castelán, francés e inglés) está organizada coa colaboración do DACE, EDLG e os Departamentos de LINGUAS e PLÁSTICA e VISUAL. Este ano como novidade vai terlugar un mini obradoiro de microrelatos e unha serie de lecturas e proxeccións de curtametraxes a partires do próximo martes e 13 na propia biblioteca e no seu horario de apertura habitual (recreos das 11,15), actividades que iremos comunicando nas aulas, ademais de anunciar a celeberación da propia convocatoria e entrega de premios que terá lugar o próximo venres 30 de novembro.
As bases do Concurso son as seguintes:
Como tamén vén sendo habitual, os textos poden ser redactados en calquera das linguas usadas no centro: Galego,castelán,inglés e francés. Cada lingua terá os seus propios premios. Xa sabedes os texto non poden ter máis de 25 liñas e xirarán ao redor do tema citado.
Moito ánimo, ánimas!
O cartel que escollemos é unha homenaxe a autora inglesa dunha das creacións literarias máis universalmente coñecidas Frankenstein ou o moderno Prometeo unha obra da escritora Mary Wollstonecraft Shelley editada no 1818 e enmarcada no que popularmente se deu en chamar novela gótica. Trátase dun texto que afonda sobre asuntos tan interesantes e de actualidade como a moral científica, a creación e destrución da vida e a audacia da Humanidade na súa relación con Deus. É posible que coñezades a película do ano 1931 que baseada no texto estaba protagonizada polo actor Boris Karloff que encarna ao mostro no filme. Pero seguramente a gran maioría esqueza ou descoñeza a reiterpretación que a autora fai do mito grego de Prometeo, o titán que arrebata o lume aos deuses para entregarllo aos homes. Deixamos aquí a primeira versión cinematográfica en cine mudo da obra, esta datada en 1910.
Ningún comentario:
Publicar un comentario