domingo, 13 de maio de 2012

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA

VALENTÍN PAZ ANDRADE (1898-1987)
Imos homenaxear a Valentín Paz Andrade na Biblioteca de Secundaria na Semana das Letras realizando unha serie de sesións onde traballaremos sobre todo textos e poemas do autor ademais doutros textos doutros autores referencias da Literatura galega que teñan o mar como tema. Serán actividades nas que o Departamento de galego reunirá a alumnos/as de Bacharelato e da Eso para levar a cabo unha clase conxunta entre dous grupos (por exemplo o luns 14 de maio tócalle aos 1º de Bacharelato compartir esta experiencia cun grupo de 4º da ESO que rematará coa visita á Exposición LETRAS GALEGAS 2012 que se atopa no paraninfo do centro). Podemos e debemos botar man dos poetas para falar desa inmensidade que é o mar e que nos imprime carácter ( podemos consultar a presencia do mar na poesía galega). Esperamos pois que a experiencia sexa do voso interese. AS PALABRAS Vén o ar ateigado de palabras, cada mañá chamando aos nosos vidros, para por a xermolar son e semente. As palabras decote están falando e somos nós os xordos á mensaxe que no seo das sílabas carrexan. Valentín Paz Andrade

Ningún comentario: