xoves, 2 de febreiro de 2012

FRANCISCO CARBALLO, PAÚL DO SAN NARCISO, BO e XENEROSO


O pasado mes de decembro foi homenaxeado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) o padre Francisco Carballo, un paúl dunha traxectoria longa e moi útil ás letras galegas. O seu traballo no estudo da Igrexia galega é xa todo un clásico. Días despois, hai ben pouco recibía o Facho de ouro. No San Narciso compartimos os parabens e o cariño manifestado pola comunidade intelectual de Galicia cara este home humilde, coñecedor da nosa cultura e difusor dun saber moi apegado á Terra con traballos tan singulares como os centrados nas figuras de Alexandre Bóveda ou de Martín Sarmiento.

Ningún comentario: