luns, 30 de xaneiro de 2012

A XORNADA ACTIVA POLA PAZ





Realizamos a clausura da xornada activa pola Paz e a non violencia no exterior. Os textos de Miguel Hernández ou de Celso Emilio Ferreiro foron recitados á vez que unha pomba da Paz de grandes dimensións acompañaba a Juul na dramatización dun conto de Guianni Rodari: "Un e sete". Tamén houbo cantos e cancións, clásicos no Día escolar da Paz , esta vez interpreatdos en directo por rapaces e rapazas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.



TRISTES SON AS ARMAS SE NON SON AS PALABRAS

Os sentimentos pola paz sonche ben antigos. Un dramaturgo grego, Eurípides, exclamaba nunha das súas traxedias : Non hai ninguén tan estúpido que prefira as guerras á Paz. Mesmo un poeta latino, Tibulo, na época das cruentas guerras civís na Roma Imperial, comezaba un longo poema antibelicista interrogándose:

Quis fuit horrendos primus qui protuli armas?
Quam ferus et ver ferreus ille fuit!
Tum caedes hominum generi, tum proelia nata,
tum brevior dirae mortis aperta via est...


Que quere dicir:

Quen foi o primeiro que empuñou as horrendas armas?
Qué cruel e insensible foi aquel!
Daquela naceron as batallas e as matanzas do xénero humano, daquela foi aberto un camiño máis breve cara a terrible morte...


Séculos máis tarde a humanidade seguímonos queixando desta atrocidade que é a guera e a violencia de uns en contra dos outros. Un día 30 de xaneiro de 1948 Mahatma Gandi morría asasinado a tiros despois dunha vida exemplar de loita e traballo polo seu pobo na India, pero tamén pola comprensión e difusión entre os pobos de todo o mundo dunha mensaxe de inconfundible e rotunda a favor da paz entre os homes e as mulleres. Por iso hoxe nós na súa memoria e a de tantos e tantos outros que coma el viviron e mesmo morreron pola paz, lembramos ao este apóstolo da non violencia proclamando con firmeza a nosa convicción da convivencia sen violencia, de rexeitamento da guerra e de da defensa da paz.

O "Día Escolar da Non violencia e a Paz" foi fundado en 1964, naceu coma unha iniciativa pioneira, non estatal, non gubernamental, non oficial, independente, libre e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora, practicada xa nos centros educativos de todo o mundo.

Esta celebración é, polo tanto, unha oportunidade máis de contribuír a que os centros se convertan en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Non esquezamos que a escola é un reflexo dunha sociedade coa que comparte defectos, pero na que tamén se educa para a vida e se procura desenvolver nos alumnos e alumnas as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa, neste caso pola Paz.





Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.

Miguel Hernández

Ningún comentario: