luns, 9 de xaneiro de 2012

O 16 de XANEIRO...ENCONTRO COA AUTORA ELENA GALLEGO


O próximo 16 de xaneiro teremos de novo un ENCONTRO CUN AUTOR, neste caso trátase e Elena Gallego autora dunha serie ou saga de ficción que está tendo un gran éxito entre os lectores novos. Trátase de DRAGAL un personaxe creado por esta autora galega que compartirá a lectura do primeiro dos volumes titulado: " A herdanza do Dragón" cos alumnos/as de 1º e 2º da ESO que este Nadal fixeron uso do seu tempo de lecer para ler a primeira entrega da que xa hai publicada unha segunda e parecer ser, isto poderá confirmalo a propia escritora o próximo luns, que xa está a piques de editarse a terceira entrega.
No campo da novela xuvenil en galego este terreo que explora Elena Gallego achegándonos a elementos propios da nosa cultura foi todo un reto recompesado pola boa acollida que está tendo.
Seguide atentos e coñeceredes algúns dos pormenores da súa estancia no San Narciso proximamente.

Ningún comentario: