martes, 20 de decembro de 2011

Un conto sobre a verdade de Gregie de Maeyer


A adaptación ao galego do conto do autor flamengo, Gregie de Maeyer, titulado Juul será unha das pezas claves da celebración do Festival de Nadal do Colexio que terá lugar hoxe no salón de actos. Hai ademais outras novidades e sorpresas que podedes consultar no blog do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega). Este relato que tratar do dereito á diferenza xa fora obxecto dunha dramatización para unha montaxe teatral no ano 2001 na V mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo " Juul iguais, pero diferentes" integrada daquela nunha peza que tiña como fío condutor a obra poética "Tortillas para os obreiros" de Fran Alonso.

Ningún comentario: