luns, 22 de novembro de 2010

II CONCURSO DE MICRORELATOS DE MEDO




Imaxe tomada da obra do grafiteiro Banksy





Banksy "naceu en 1974 e criouse en Bristol, Inglaterra. Fillo dun técnico de fotocopiadoras, empezou de carniceiro pero empezou a grafitear durante o boom que tivo esta actividade na súa cidade a final dos anos 80s"[1].
As súas creacións teñen aparecido en cidades de todo o mundo, tendo iniciado a súa carreira no ambiente cultural que se creou no metro de Bristol e no que colaboraron tamén artistas e músicos.
Banksy non vende fotos das súas creacións nas rúas. Sábese de casas de subasta que tentaron vender as súas creacións no mesmo sitio onde foron feitas, sen importarlle como o gañador da puxa retiraría logo a obra adquirida.
A obra "'The Flower Chucker" foi incluída na longametraxe The Age of Stupid como mostra representativa de todo a arte moderna almacenada para despois do final do mundo tal e como o coñecemos.
Exit Through The Gift Shop, a súa primeira película, debutou no Festival de Sundance de 2010, e foi estreada no Reino Unido o 5 de marzo.

Ligazóns Externas

http://www.banksy.co.uk/
http://www.artofthestate.co.uk/Banksy/banksy.htm

Ningún comentario: