xoves, 18 de novembro de 2010

CONCURSO DE MICRORELATOS DE MEDO

















Como todos sos anos por estas datas, no mes denominado de Defuntos, convocamos este concuros entre os nosos alumnos/as para que abarn as cancelas da imaxinación e que nos mergullen na intriga e en tensas situacións de pánico.

As directrices para concursar son as que seguen:
Os relatos que xirarán ao redor do tema do medo, misterio, suspense… poderán estar en calquera lingua das usadas no centro (galego, castelán, inglés, francés…) e non terán máis de 25 liñas.

Estableceranse tres niveis: un para 1º e 2º da ESO, outro para 3º e 4º da ESO e outro máis para os Bacharelatos.

Valorarase especialmente a organización do texto, a corrección ortográfica e a imaxinación.

Os premios serán evidentemente DE MEDO.

Ningún comentario: