xoves, 23 de setembro de 2010

OS PRIMEIROS ESCOLARES


Os primeiros escolares documentados.

Comeza o curso e como adoita suceder, falarase do pouco nivel dos novos alumn@s e de cómo o ensino se vai deteriorando co paso das xeracións. Non obstante, este punto de vista tamén o tiñan os sumerios fai tres mil setecentos anos. Nalgúns dos primeiros textos sobre educación que se coñecen, escritos nas taboíñas de arxila con caracteres cuneiformes, xa se queixaban deste problema tan “actual”. Nunha delas, un pai di ao seu fillo: “ Cres que chegarás ao éxito, ti que vagas polas prazas? Pensa nas xeracións de antano, meu fillo, toma nota delas. Sede verdade non fuches a ningures, por que ficas aquí sen facer nada? Anda, vai á escola, preséntate ao pai da escola, recita a túa lección; abre a túa mochila, grava a túa taboíña e deixa que o teu irmán maior caligrafie a túa taboíña nova. Cando remates a túa tarefa e lla ensines ao teu vixilante, volve acá sen retrasarte pola rúa. Entendiches ben o que che dixen?
Mesmo miltrescentos anos antes de escribir o texto anterior, xa se utilizaban en Uruk (táboas pictográficas coa finalidade de que os alumnos estudaran. Algúns séculos despois, ao redor do 2500 antes da nosa era, xa había escolas con “libros de texto” na cidade de sumeria de Shuruppak, e da segunda metade do segundo milenio proceden os primeiros exercicios realizados por alumnos que chegaron aos nosos días. Grazas a que os antigos mestres sumerios eran dados a describir minuciosamente nas súas taboíñas a vida escolar da súa época, podemos coñecer textos. Como o reproducido aquí, que nos lembran que en miles de anos nin a ensinanza, nin os alumn@s cambiaron tanto como podería pensarse.

(tradución ao galego dun curioso artigo de Juan Torrecillas) Podes SABER MÁIS neste ENLACE

Ningún comentario: