DE MEDO. Comeza o mes de novembro, mes de Defuntos, mes de outono e magostos,o mes no que nos dedicamos tamén a crear intrigas a compartir os nosos medos, dende o día 3 de novembro están nas aulas os carteis que anuncian as bases deste CONCURSO DE MICRORELATOS, xa levamos tres anos con esta iniciativa e aquí estamos de novo invitándoos a sentaros diante do folio en branco e enchelo de misterio e terror.
DE MEDO é un concurso de microrelatos de alumno@s de Secundaria que se desenvolverá do 3 de novembro ao 1 de decembro no Colexio San Narciso e que se fallará no recreo do día 3 decembro.
Os relatos que xirarán ao redor do tema do medo, misterio, suspense… poderán estar en calquera lingua das usadas no centro ( galego, castelán, inglés, francés…) e non terán máis de 25 liñas.
Estableceranse tres niveis: un para 1º e 2º da ESO, outro para 3º e 4º da ESO e outro máis para os Bacharelatos.
Valorarase especialmente a organización do texto, a corrección ortográfica e a imaxinación.
Os premios serán evidentemente DE MEDO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario