mércores, 4 de novembro de 2009

O que fai o medo...
























Contan que nunha terra en guerra, había un rei que causaba espanto. Sempre que facía prisioneiros, non os mataba, levábaos a unha sala onde había un grupo de arqueiros dun lado e unha inmensa porta de ferro do outro, sobre a que se vían gravadas figuras de caveiras cubertas de sangue. Nesta sala o rei facíalles formar un círculo e dicíalles entón... "Vostedes poden elixir entre morrer atravesados polas frechas dos meus arqueiros ou pasar por esa porta misteriosa".

Todos elixían ser mortos polos arqueiros. Ao terminar a guerra, un soldado que por moito tempo serviu ao rei dirixiuse ao soberano e díxolle...

- Señor,
- Dime soldado –contestou o rei.
- Que había detrás da horrorosa porta?
- Ve e mira ti mesmo -respondeu o rei.

O soldado entón, abriu temerosamente a porta e, a medida que o facía, raios de sol entraron e aclararon o ambiente... e, finalmente, descubriu sorprendido que a porta se abriu sobre un camiño que conducía a liberdade. O soldado, admirado, ollou ao seu rei que lle dicía...

- Eu dáballes a elección, pero preferían morrer en lugar de arriscarse a abrir esa porta.


Cantas portas deixamos de abrir polo medo de arriscarnos?

Cantas veces perdemos a liberdade e morremos por dentro, soamente por sentir medo de abrir a porta dos nosos soños?

Ningún comentario: