martes, 20 de outubro de 2009

Un camiño longo, fértil en experiencias...

Rematabamos o curso pasado desexando que o camiño fose longo, rico en experiencias e aprendizaxes, tal e como rezan os versos de Constantinos Kavafis. Deixamos aquí unha invitación a coñecer mellor a este poeta grego en cen dos seus poemas que circulan pola rede, como tamén o fan varias versións do seu famoso poema Ítaca:



¿Qué son os libros?

Un libro é unha reunión de moitas follas de papel cosidas e encadernadas xuntas, e polo común impresas. Pero, tamén son camiños que nos levan a nosa imaxinación, barcos que nos trasladan a unha época pasada ou futura ou pasada para ver e saber o que pasou ou que pasará nesa historia que nos protagonizamos,vivimos ou morremos nela. Pero tamén sirven para olvidar os problemas que tiveses antes de empezarese viaxe pola túa imaxinación e pola túa mente. Os libros son unha máqina do tempo que nos pon no papel dun explorador en busca de aventuras, un soldado na guerra ,un neno no seu pobo facendo travesuras, todo iso e máis son os libros para a persoa que os le e se imaxina a escena, o ambiente, os persoaxes,... Polo tanto, os libro só son un conxunto de follas imresas e encadernadas para as persoas que non os len e os interpretan como é debido.

Ningún comentario: