Comezou onte unha serie de sesións na Biblioteca con este tema na que esperamos recoller unha boa morea de textos que relacionen o mundo do libro co camiño, coa viaxe, mesmo que procure textos de autores coñecidos ou anónimos que falen do camiño nas súas creacións.
Cando de pequenos escoitamos contos como o do Galo Kiriko, comezamos un camiño cada un de nós polo sendeiro da literatura que nos permite a estas alturas da secundaria afrontar o labirinto que supón a chagada e as xornadas que nos esperan sendo adolescentes...
Esta é a primeira Campaña do presente curso e espera ir anunciando e preparando con cada aula que pase pola Biblioteca algunhas das novidades que pensamos poñer en marcha este ano.
Recollemos aquí algúns textos escritos por alumn@s de distintos cursos e lidos na biblioteca nunha sesión de presentación que estamos realizando por cursos. Estes textos poñen en relación estas dúas palabras : libro e camiño.
Que é o libro?
Moitos dicides que o libro é un obxecto de pracer, pero iso non é todo: O libro en si é un camiño, empezou coa imprenta, e sedue hoxe mesmo. O libro cando o empezas a ler atrápate ao seu redor e ata que non o acabas de ler non te solta; é coma un sendeirista que vai camiñando polo mundo sen rumbo fixo. O libro en si é un camiño por andar, pero non un camiño calquera, pode ter aventuras, romances, mitoloxía, temor. A min persoalmente gústanme os de mitoloxía, pero sabedes por que? Porque elevan a realidade ata metas insospeitadas. En fin ese é o camiño que elexín eu, pero hai moitos camiños para seguir, tantos coma libros hai, e cada un ten o seu propio camiño.
José Manuel Cruz Dasilva, 1º eso A
"Un libro...un camino"
Cada uno tiene una vida, un camino. Todo libro es un camino tanto de una vida de alguien, inventado o real, o el camino de los pensamientos y opiniones del autor. Todo el mundo escribe el libro de su camino sea antes o después, todos lo escriben; sea en una agenda, en el ordenador, en folios o en las servilletas del bar de la esquina. Incluso yo estoy escribiendo el camino que he tomado en este tema al escribir esto. Ahora os toca a vosostros, ¡mostrad vuestro camino!
Gabriel González Freire, 3º eso B.
¿Qué son os libros?
Un libro é unha reunión de moitas follas de papel cosidas e encadernadas xuntas, e polo común impresas. Pero, tamén son camiños que nos levan a nosa imaxinación, barcos que nos trasladan a unha época pasada ou futura ou pasada para ver e saber o que pasou ou que pasará nesa historia que nos protagonizamos,vivimos ou morremos nela. Pero tamén sirven para olvidar os problemas que tiveses antes de empezarese viaxe pola túa imaxinación e pola túa mente. Os libros son unha máqina do tempo que nos pon no papel dun explorador en busca de aventuras, un soldado na guerra ,un neno no seu pobo facendo travesuras, todo iso e máis son os libros para a persoa que os le e se imaxina a escena, o ambiente, os persoaxes,... Polo tanto, os libro só son un conxunto de follas imresas e encadernadas para as persoas que non os len e os interpretan como é debido.
Por J. M. Villar Mouco 4º eso B.
Ningún comentario:
Publicar un comentario