domingo, 4 de outubro de 2009

Camiña cos libros










Comeza un novo curso, dende a Biblioteca de Secundaria do colexio San Narciso invitámovos a dar os primeiros pasos no camiño deste ano escolar a través dos libros como recurso esencial dun bo camiñante por este territorio da Educación e da Cultura, como un principal recurso para encamiñar a nosa vida e para gozar do paso por esta etapa da nosa existencia na que debemos dedicar moito tempo, ou polo menos unha boa parte del, a atrevernos a coñecer que é o que nos gusta ou nos disgusta. Ante un mundo complexo aínda por explorar a lectura é un hábito que nos alimenta e nos permite realizar as viaxes máis completas. É logo un camiño este dos libros que nos permite medrar plenamente, enriqucéndonos e fornecendo a noso eu. Dende a Biblioteca iremos deixando palabras, versos, parágrafos, relatos enteiros que fagan visible este camiño para quen o queira seguir ao longo do presente curso.

Ningún comentario: