martes, 21 de abril de 2009

Día do Libro con Adolfo Caamaño






Co gallo da edición da miña nova novela: Cris Canalla, poderedes falar comigo sobre distintos aspectos da novela, ou doutras novelas, e tamén da actividade creativa literaria en xeral.

CANDO? Xoves 23

HORA? Durante o recreo (11:15-11:45)

ONDE? Na biblioteca do centro, xaora!

Eis, si na biblioteca e á hora prevista a pesar dos imprevistos ( pois houbo que entrar por unha porta interior xa que porta exterior estaba ese día imprecticable. O certo é que comezou Adolfo a falar da súa chegada ao mundo da literatura e tivo que falar da súa escola e das súas vivencias que en boa parte fíxoas literatura na súa primeira novela SOBERANO, que leva este título pola anécdota verídica de que no seu Barro natal houbo cando el era pequeno un accidente dun camión cargado deste licor e ordenaron de que fosen recollidas as botellas supervivientes do desastre polas mans inocentes dos alumnos, ocasionando as máis diversas consecuencias que van dende cortes cos cristais ata aficións ao alcohol entre os menores...

Se queres saber máis do meu labor literario, consulta a páxina web da AELG(Asociación de Escritores en Lingua Galega):

Ningún comentario: