mércores, 15 de abril de 2009

ABRIL DOS LIBROS CAMPAÑAS ABERTAS

Dúas son as campañas que estamos poñendo en marcha:

- POETÍZATE-POETÍZAME, unha campaña de consulta e difusión da poesía e dos poetas a través dos fondos da propia Biblioteca. Ademia siniciativas para escoitar, ler ou escribir poesía. Comeza en abril dos libros e rematará en maio das letras.

-OS MEUS LIBROS SON TAMÉN TEUS, unha recollida de libros infantís que traerán os rapaces de Secundaria coa intención de que os seus compañeir@s de Primaria poidan gozar coas lecturas que de pequen@s eles/elas tamén disfrutaron. Eses exemplares que xa non usas na casa, eses libros que non sabes onde meter porque non os queres , agoar lles podes dar un novo uso, un uso solidario e moi interesante. Esperamos realizar xa unha primeira entrega o día 23 de abril, día do libro.

Ningún comentario: