
O pasado venres celebramos o Día escolar pola Paz e a non violencia cunha lectura de textos reunidos pola Aula de Teatro San Narciso baixo o título "Tristes armas se non son as palabras". Estes recitado sían acompañados dunha audición de temas referentes á Paz, como por exemplo o de Imagine de John Lenon que ao se escoitar íase tradicindo ao galego simultaneamente. Os textos escolidos son os que seguen:
TRISTES SON AS ARMAS SE NON SON AS PALABRAS
Os sentimentos pola paz sonche ben antigos. Un dramaturgo grego exclamaba nunha das súas traxedias : Non hai ninguén tan estúpido que prefira as guerras á Paz. E mesmo un poeta latino, Tibulo, na época das cruentas guerras civís na Roma Imperial comezaba un longo poema antibelicista interrogándose:
Quis fuit horrendos primus qui protuli armas?
Quam ferus et ver ferreus ille fuit!
Tum caedes hominum generi, tum proelia nata,
tum brevior dirae mortis aperta via est...
Que quere dicir:
Quen foi o primeiro que empuñou as horrendas armas? Qué cruel e insensible foi aquel!
Daquela naceron as batallas e as matanzas do xénero humano, daquela foi aberto un camiño máis breve cara a terrible morte...

TRISTES GUERRAS é un poema do poeta andaluz Miguel Hernández de onde sacamos esta idea para o título deste minirecitado, o texto di:

Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.
Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.
Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes
Tamén os nosos poetas usan as palabras como armas para cantar á Paz. Nos momentos en que a guerra de Vietnam abafaba ao mundo, un poeta galego, Celso Emilio asinaba este poema “Digo Vietnam e basta” do que seleccionamos uns versos: (música de fondo co tema Blowin in the wind de Bob Dylan)

"Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.
Digo lombriga e larva de carne podrecida.
Digo nenos de napal,
terror de noite e de selva,
fedor de cidade e cloaca.
Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.
Digo guerra bestial,
tremos de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.
Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.
Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.
Digo petróleo, ferro,
Mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.
Apenas digo nada.
Digo Vietnam i está xa dito todo
cunha soa palabra.
Pra abranguer a vergonza do mundo,
digo Vietnam e basta."
Daquela tamén John Lenon compuña "Imagine", unha canción que estaba chamada a convértese nunha cantiga emblemática do movemento pacifista mundial (música de fondo John Lenon)

Imaxina que non hai ceo,
é fácil se o intentas,
nin inferno debaixo de nós
por riba de nós, tan só o firmamento.
Imaxina a toda a xente
Vivindo para o presente.
Imaxina que non hai países,
non é difícil de facer,
nada polo que matar ou morrer,
nin relixión tampouco.
Imaxina a toda a xente
Vivindo a vida en paz.

Imaxina que non houbera posesións,
pregunto se poderías,
non habería avaricia nin fame,
unha irmandade de homes.
Imaxina a toda a xente
compartindo todo o mundo.

Podes dicir que eu son un soñador,
pero non son o único.
Agardo que algún día ti te unas a nós
e todo o mundo vivirá coma un só.
A conclusión foi a lectura do conto Un e sete de Gianni RODARI e a audición do tema tan coñecido "Sólo le pido a Dios" na voz de Ana Belén.


A biblioteca por outra parte encheuse de imaxe se mensaxes pola paz, pequenos traballos de investigación de Educación para a Cidadanía de 2ºda ESO e traballos de lecturas como o Neno do Pixama a Raias e os Xornais do Día da Paz de 1º da ESO e 1º da Bacharelato que nunha próxima entrada comentaremos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario