mércores, 14 de xaneiro de 2009


Os gañadores do concurso de microrelatos de medo en galego foron:

Na categoría de 1º e 2ºESO establecemos 3 premios en función do número de participantes:

O 3º premio foi para Fátima García Permuy de 2º ESO B co seguinte relato:

Dise que nun colexio houbo, fai bastante tempo, unha rapaza que se comportaba dunha maneira moi estraña. Xamais falaba con ninguén, pero ás veces víase que, aínda que estivese soa, estaba falando coma se puidese ver algo que os demais non viamos.
Cóntase que unha vez interrompeu a clase dando berros infernais, coma se a estivesen matando dunha forma terriblemente dolorosa, puxéranselle os ollos en branco e, cun sorriso diabólico, comezou a levitar e falar nun idioma que os demais non coñecían. Levárona ao hospital pois quedara en coma, a´nda que seguía falando inconscientemente naquela misteriosa lingua.
Un día desapareceu do hospital e presentouse nos baños do colexio, morta, cos ollos en branco e sen ter ferida algunha estaba rodeada de sangue. Na cara tiña gravado aquel sorriso que daba calofríos, pero o pesadelo non rematara. Os baños do colexio dise que quedaron malditos pois ás veces, cando te mirabas nos seus espellos non vías o teu reflexo, senon o rostro da rapaza que mesmo te falaba; nos encerados aparecían mensaxes e cando é de noite víanse luces pantasmais e escóitanse risos e ruídos de obxectos que se rompen. No medio das clases vaise a luz ou péchase a orta e ás veces ao chegaren ás aulas atópanse as mesas cambiadas de lugar. Por certo, xa me lembro de como se chamaba aquel colexio. Chamábase San Narciso de Marín.

O 2º premio foi para Lois Davila Graña de 1º ESO A

Unha fría noite do mes de xaneiro un home que volvía de cazar viu algo que se movía entre o mato. Preparo a súa arma e disparou sen pensar, pero cando foi ver se matara o animal, alí non habñia nada. Sentiu medo e foise rapidamente para a súacasa. Cando chegou viu a porta pintada con sangue e asustouse aínda máis. Unha sombra achegábase e meteuse dentro. Pensou que o mellor era chamar á policía, pero nada máis coller o teléfono empezou a arder a casa. Colgou o aparello e deuse a volta. A sombra aproxibábase a el paseniño e aínda que estaba ardendo todo seníu frio. Pouco a pouco aquilo foi transformándose nun esqueleto cuberto por unha capa negra e cunha gadaña na man. O home, ao irara aquel ser, quedou cego. Intentou salvarse e saír correndo, pero batía contra os mobles e queimaba os pés. Na fuxida caeulle unha trabe do teito que o tirou ao chan e lle rompeu unha perna. Nese momento o ser cortoulle a cabeza coa gadaña. O seu corpo apareceu queimado á mañá seguinte, mais a súa cabeza desaparecera.
Tres anos despois, unha noite de inverno, unha muller oiu ruídos na cociña e baixou a ver que `pasaba. Cando entrou vu un ser vestido de negro con algo na man: a cabeza do seu ex-marido, xa deteriorada, que miraba para ela fixamente. Empezou a berrar e correr, abriu a porta da casa e atopou diante súa outra vez a aquel ser. Desmaiouse e tamén o ser esvaeuse. Aínda non lle chegara a hora!



e finalmente nesta categoría o 1ª PREMIO foi para Belén Santaclara 1ºESO B

SANGUE NA MIÑA OURELLA

Unha tarde de verán, despois de xogar cos meus amigos, voltei a casa.Ducheime e tan pronto rematei soou o teléfono.Era o meu amigo Lourenzo. Invitoume a durmir na súa casa, eu díxenlle que ía encantado. Ás nove da noite fun cara a súa casa. Cando cheguei, a nai de Lourenzo preguntoume que tal estaba. Ceamos. Fomos para a habitación e alí propuxémonos un xogo. Logo cansamos e puxémonos a contar historias de medo. Ás doce da noite metémonos na cama. Durante un tempo debín estar durmido, pero espertei ao escoitar uns pasos que nunca acababan. Quizais sexa a nai de Lourenzo, pensei. Estaba de costas á porta, non me atrevía a moverme. A porta abreuse e alguén entrou, non sei quen era. Púxose detrás miña e soproume nunha orella. Mantiven os ollos pechados atemorizado e ao cabo duns instantes a porta pechouse. Pasei o resto da noite esperto sen poder conciliar o sono. A mañá seguinte a miña orella estaba chea de sangue, asustado conteillo todo ao meu amigo e aínda que el non me crese, bn sabía que aquilo non fora ningún pesadelo; a proba estaba na miña orella. gora nunca durmo só.

Na categoría de 3º e 4º ESO, os gañadores foron:

O 3º premio foi para Noel fandiño de 4ºB

Ela pensou que o peor xa pasara cando se pechou a porta, pero non podía saber que o asasiño estaba agochado detrás dela.De súpeto un "cric" chamou a súa atención, ela deuse a volta e so mentes puido ver a face da súa exparella mirándoa con xenreira e sentir un coitelo penetrando no seu peito.
Ela era a derradeira víctima da violencia de xénero, non puido comer as doce uvas, o reloxo estaba soando.Eran as doce en punto do día trinta e un de decembro.

O 2º premio foi para Manuel Tudela de 3ºB

Sempre soubo que esa noite
lle ía pasar algo malo
que atoparon o seu cadáver
estiveron dacordo.

E o 1º premio foi para Adrián Davila de 4º B

Na categoría de 1º e 2º de Bacharelato establecemos 2 premios:

O 2º Premio foi para Conchi Pérez Blanco

Algo extraño no ordenador

Unha noite de inverno, María estaba soa na casa, había unha gran tormenta, sentía medo, estaba inqueda e o seu teléfono sen batería, ¡qué merda!Non podo chamar a ninguén, ah! o ordenador,axiña acende e conéctase ao messenger.
Na pantalla aparecía cadeiras, esqueletes e letras en grego.
-¡Qué raro! "quedou abraiada co que estaba vendo"-estou flipando!¡Non pode ser!
"Xada vez se agobiaba máis e máis, intentaba pechar as páxinas, era imposible todo resultaba extraño, mensaxes en clave, imaxes terroríficas, voces co seu nome...
¡Qué nervios ! non son capaz de desconectar o ordenador, está bloqueado!
De súpeto escoita un ruido moi forte e familiar, era sábado pola mañá, a sua nai pasaba a aspiradora.

E o 1º premio foi para Lucía Báez Bustillo

Levantouse pola noite aos sons duns golpes.Fixou a súa mirada nunha forma do fondo do corredor e un berro detrás de él fixoo sobresaltarse de tal maneira, que, antes de caer o chan, a súa pel estaba pálida e o seu corpo frío e inerte.

Os gañadores dos microrelatos de medo por ciclos en inglés foron:

1º premio (1º ciclo da ESO) foi para Daniel López Pérez 2º A.

1º premio(2º ciclo da ESO) foi para Miriam Martinez Iglesias 4º B.

Os gañadores dos microrelatos de medo por ciclos en francés foron:

1º premio(1º ciclo da ESO) foi para Manuel Viqueira 2º B.

2º premio (1º ciclo da ESO) foi para Eduardo Gallego CAlvar 1º A.

Ningún comentario: