luns, 26 de xaneiro de 2009

A BIBLIOTECA PARA A PAZ


Con motivo da celebración do Día escolar pola Paz imos celebrar nesta semana varais actividades na Biblioteca. Hai xa unha pequena exposición de traballos dos alumn@s de 1ºESO sobre a súa lectura do trismestre pasado "O neno do Pixama a Raias". Sabemos que estes mesmos están preparando un xornal escolar sobre a Paz que sairá editado para as aulas de 1ºA e 1ºB e que estará na Bibliotec o próximo día 30 de Xaneiro. Os de 2ºda ESO xa comezaron a achegar varios murais para encher a biblioteca con diversas reflexións sobre Paz. Por último, esta semana e como complemento ás diversas actividades que nas correspondentes titorías se están levando a cabo, imos realizar varias lecturas e audicións desde a biblioteca e cara os patios do centro para manifestar a través da palabra a nosa aposta pola Paz.


En primeiro da ESo falamos do estalido da II Guerra Mundial, as súas causas e os seus precedentes como o famoso borbardeo de Guernica, o que provoco en artistas como Picasso, autor de verdadeiros símbolos da Paz como o seu grandioso cadro que leva por título Guernica.

Ningún comentario: