Na biblioteca nos recreos hai unha actividade frenética por veces. O outro día fomos quen de captar esta imaxe pois os de 1º da ESO andaban ás voltas cun traballo de creación tras da lectura do libro " O neno do pixama a raias", do autor irlandés John Boyne e que consistía en seleccionar textos moi breves e ilustrar por capítulos o libro. Seguro que en cuestión de días veremos algún dos marabillosos resultados colgados nos blog dos de 1º da ESO. Esperamos pois que ultimen o seu traballo.
Mais non eran os únicos en traballar duro, noutro lugar da biblioteca levan xa varios días traballando para poder colgar a versión definitiva de Malos S.A. , un texto que co seu autor ao mando está sendo dixitalizado para podelo colgar cremos que en cuestión de días, poucos días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario