CONCURSO
SEI SAN NARCISO DE MEDO
(Organizan: Departamentos de Linguas, Plástica, ENDL e Biblioteca de Secundaria)
Como en cursos pasados tentamos realizar unha
promoción tanto do uso da biblioteca como dos CONCURSO de creación "DE
MEDO" que habitualmente convocamos con motivo do Mes de Defuntos.
BASES
DO CONCURSO:
As bases do Concurso de Microrrelatos, Curtas
e Banda deseñada son as seguintes:
- PREMISA:
Terán como lema e motivo inicial "DÁME MEDO" aínda que o
título (de o haber) debe ser outro.
LINGUAS: Como vén sendo habitual, os textos
poden ser redactados en calquera das linguas usadas no centro: Galego,
castelán, inglés e francés. De presentar varios textos ou bandas deben en cada
lingua ser distintos, non son válidas as simples traducións e tamén cada lingua
terá os seus propios premios.
CARACTERÍSTICAS
DOS TEXTOS, AS CURTAS E AS BANDAS DESEÑADAS:
OS TEXTOS: Xa sabedes os textos non poden ter
máis de 25 liñas e xirarán ao redor do tema citado. A coherencia textual e
corrección ortográfica son esenciais á hora de poder ser premiado.
AS CURTAS DE MEDO: Non deben ter unha duración
maior de 3 minutos.
AS BANDAS DESEÑADAS: Non poden ser de máis de
20 viñetas.
O
PRAZO: Os textos serán entregados ao profesor da materia da lingua na que se
concurse, ata o venres 27 de novembro.
O XURADO POPULAR
A escolla de premios realizarase a través dun
sistema de votación por parte dos lectores que queiran participar como xurado (
con alumnos/as de distintos cursos e níveis) e tras ler os textos, visualizar
as curtas e as bandas presentados vaian votando aos que máis lles guste de cada
categoría. Este proceso estará supervisado polos profesores de cada
departamento participante.
A ENTREGA
A entrega de premios levarase a cabo tendo en
conta os protocolos a causa da COVID-19
unha vez rematado este mes de defuntos.
OS PREMIOS
Serán de medo!
Moito ánimo, ánimas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario