martes, 10 de decembro de 2019

ENCONTRO CO AUTOR: SANTIAGO JAUREGUÍZAR




Con 3º da ESO A e B

No limiar deste libro aparece unha coñecida canción de Nena Daconte que usamos para introducir este Encontro con Jaureguízar que nos confesou o seu gusto polos finais abertos. 





Santiago Jaureguízar desvelounos que a primeira intención ao poñerse a escribir esta novela era abordar a cuestión dos lumes en Galicia nun momento que era un tema candente e dado que non había outros textos que o tratasen, pero outra trama de maior interese foi cobrando forza: a de aquelas persoas que son incapaces de manifestarse tal e como son e precisan mentir profusamente ante os demais.




Con 2º da ESO A e B
Tras da lectura realizamos esta reseña en vídeo produto dunha posta en común previa á visita do autor. Foi unha idea dos propios alumnos/as de 2º da ESO  elaboraron eles mesmos movidos pola lectura, sen descartar outras actividades relacionadas con este texto de Jaureguízar entre as que está unha posible dramatización da novela.  




Idea e realización: Antía Docampo Otero.
Cámara e Montaxe: Andrea Sanjorge Barcia.
Selección de textos: Carmen Rosales Cabrera.
Interveñen por orde de aparición: Antía Docampo, Carmen Rosales, Matías Moldes Barreiro, Iria Bernárdez Canabal,  Joslenys Casanova Vásquez, Estrella Gil Lubián, Carmen Mesías Recamán e Andrea Pazos Blanco.



Jaureguízar na súa intervención insistiu en que un dos temas que sempre lle preocupou foi como as persoas son capaces de interiorizar na súa vida díaria as normas que se lle impoñen e este asunto é un dos fíos condutores da trama desta novela. Se as distintas sagas de vampiros foi motivo de inspiracion inicial, confesa que axiña lle deu un xiro á temática colocando como centro de interese a un grupo de albinos nunha misteriosa illa. Unha das cuestións ás que deu resposta foi a poderosa afirmación dun dos personaxes da novela: A vida non ten sentido sen un final. O autor manifestouse rotundamente a favor desta idea desbotando calquera situación que se reitere eternamente acaba sendo aburrida e cansina, habendo un final, todo cobra maior sentido na vida.




Ningún comentario: