Rosalía de Castro como non podía ser doutro xeito no seu
primeiro libro en galego introduce un longo poema no que reproduce inicialmente
(a modo de cita de inspiración) o que sería unha cantiga de berce, é un poema
cheo de intriga e tensión a que tiñan as nais humildes ao deixar a casa para
atender traballos de distinta índole coa anguria de non poder atender ao neno:
«Ora, meu meniño,
ora,
¿quen vos ha de dar
a teta,
si túa nai vai no
muíño,
e teu pai na leña
seca?
Eu cha dera, miña xoia,
con mil amores cha dera,
hastra rebotar, meu santo,
hastra que máis non quixeras,
hastra verte dormidiño
con esa boca tan feita,
sorrindo todo fartiño,
cal ubre de vaca cheia.
Mais ¡ai, que noite che agarda!
Mais ¡ai, que noite che espera!
Que anque dúas fontes teño,
estas fontiñas non deitan.
Ora, meu meniño, ora,
¡canto chorarás por ela!
Sin ter con que te acalente,
sin ter con que te adormeza,
que soio, soio quedaches
como unha ovelliña enferma,
tremando, malpocadiño,
como as ovelliñas treman.
Sin cobirtor que te cruba
nunhas palliñas te deitan
e neve e chuvia en ti caen
por antre as fendidas tellas.
E silba o vento que pasa
polas mal xuntadas pedras,
e cal coitelo afilado
no teu corpiño se ceiba.
¡Ai, cando veña túa nai!
¡Ai, cando che a túa nai veña!
¡Cal te topará, meniño,
frío como a neve mesma,
para chorar sin alento,
rosiña que os ventos creban!...
¡Ai, más valera, meniño,
que quen te dou non te dera!
Que os fillos dos probes nacen,
nacen para tales penas...
A probe nai corre, corre,
que o seu filliño lle espera;
mais, cando chega, dormido
o seu filliño contempra.
Dille estonces, mentras tanto,
que en bicalo se recrea:
-Miña xoia, miña
xoia,
miña prenda, miña prenda,
¿que fora de ti, meu santo,
si naiciña non tiveras?
¿Quen, meu fillo, te limpara,
quen a mantenza che dera?
Non atopamos (se cadra non existe) unha recreación deste
poema que xira arredor da maternidade, pero atopamos unha versión fermosa dunha
cantiga de berce popular que ben lle acae a esta entrada e aquí deixamos no Día internacional da lingua
materna:
Ningún comentario:
Publicar un comentario